Trama desenvólvese en Vigo. Leo Caldas é un inspector da policía nacional, e traballa xunto co axente zaragozano Rafael Estévez.
Os acontecementos da novela xiran o redor da investigación dun asasinato. Un 12 de maio o saxofonista Lois Reigosa aparece morto no seu dúplex da illa de Toralla, logo de que lle inxectasen formol no pene. As pistas levan aos policías a sospeitar de Dimas Zuriaga, un afamado doutor propietario da fundación Zuriaga, que conta cun hospital situado no monte do Castro. Á fundación Zuriaga proporcionáballe o formol unha empresa chamada Riofarma, da cal, Isidro Freire era o encargado desa sección.
Durante a investigación descobren que o finado era gai e acoden ao Idílico, un pub de ambiente homosexual situado no Areal. Alí falan co picadiscos, un coñecido seu, chamado Orestes Rial. Quedan con el para se entrevistaren pero aparece morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Nel atopan un computador con fotos de Zuriaga con Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con mostrar as fotos.
Malia que as investigacións apuntaban a que o principal sospeitoso era Zuriaga, trala súa detención Caldas dáse de conta de que había algo que non encaixaba.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Leo Caldas: Inspector da policía. É fillo dun recoñecido empresario vinícola, do que herdou o gusto polo viño e en xeral pola boa gastronomía. Colabora, ademais, no programa radiofónico chamado Patrulla nas ondas, na emisora Onda Vigo.
- Rafael Estévez: Axudante de Leo. De carácter impulsivo e agresivo. Non se dá adaptado ao carácter galego.
- Comisario Soto.
- Lois Reigosa: Saxofonista asasinado.
- Dimas Zuriaga: Doutor e filántropo.
- Mercedes: Muller de Dimas Zuriaga.
- Isidro Freire: traballador dunha empresa química do Porriño.
- Diana Alonso Zuriaga: Sobriña do doutor, traballa no seu hospital.
- Clara Barcia: Médica forense da UICD.
- Guzmán Barrio: Médico forense.
- Ramón Ríos: Antigo amigo da escola de Leo Caldas e que traballa en Riofarma.
- Carme: Traballadora de Riofarma do departamento do formol.
- Iria Ledo: Música que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o piano.
- Arthur O´neal: Músico que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o contrabaixo.
- Orestes Rial: Amigo de Reigosa que participaba no chantaxe a Dimas Zuriaga.
- Pai de Leo Caldas: Encargado da súa propia adega.
- Santiago Losada: Presentador do programa Patrulla nas Ondas.
- Rebeca: Axudante de Santiago Losada
- Pipo: Can de Isidro Freire que sempre vai ós pés de Rafael Estévez
No hay comentarios:
Publicar un comentario